martes, 22 de abril de 2008

Moción presentada polo PSdeG - PSOE ao Pleno da Corporación Municipal de Gondomar




José Carlos Cabaleiro González, como concelleiro do PSdeG-PSOE, e actuando en nome e representación do devandito grupo político, para que sexa incluída na orde do día da primeira sesión que celebre o Pleno da Corporación Municipal, presenta a seguinte:

MOCIÓN

O pasado 7 de decembro do 2007 o Partido Socialista presentou ante o Pleno unha moción denunciando un incumprimento do contrato asinado ente o Concello e a concesionaria do servizo de recollida dos RSU e limpeza viaria de Gondomar, o moción expuña:

“No prego de condicións da Concesión Administrativa para o tratamento dos Residuos Sólidos Urbans, recollese a limpeza das beirarrúas dos núcleos, esta limpeza forma parte das condicións da concesión, este ano non se sabe porque razón non se levou a cabo ningunha destas limpezas contratadas.
O incumprimento sistemático do contrato e unha norma instaurada dende moito tempo atrás pola empresa concesionaria do servizo co visto bo do goberno municipal correspondente, ata hoxe non temos constancia de que a empresa teña nin unha soa advertencia ou queixa por escrito.
En esta ocasión a falla de limpeza dos bordes das beirarrúas provoca un risco engadido a seguridade viaria o non permitir a entrada das riadas os desaugues por estar estes taponados polas herbas que tódolos anos crecen no rebaixe do asfalto feito como cuneta para a canalización das choivas, o estar tapados as augas corren pola estrada convertendo a mesma nun regato de asfalto, co risco que isto supón tanto para peóns como para conductores.
O Partido Socialista non vai permitir que ocorra unha desgracia para despois lamentarnos, si a empresa concesionaria non quere cumprir as condicións firmadas o goberno municipal dispón de mecanismos para salvagardar os intereses e a integridade dos veciños.”

A mencionada moción foi rexeitada polo goberno esgrimindo uns motivos con moi pouco fundamento, incomprensiblemente defendendo a empresa adxudicataria ante o interese público do cumprimento do prego de condicións, esta moción foi aprobada por maioría da Corporación, facendo caso omiso o goberno municipal.

Hoxe a situación e moito máis grave, dende que por fin chove como e normal en Galicia, son numerosos os accidentes de trafico acontecidos pola auga que corre carreteira abaixo, algúns deles graves, de momento non se produciu ningunha desgracia persoal irreparable aínda que si varios feridos de diversa consideración.

O Partido Socialista non esta disposto a esperar cos brazos cruzados ata que ocorra unha desgracia persoal, non e de recibo a desidia do goberno non facendo cumprir os contratos asinados e mirando para outro lado ante este grave incumprimento da concesión.

Por todo isto, propoño que se adopte acordo no senso de:

1º- O goberno municipal dará orde a empresa concesionaria para que efectúe a limpeza das beirarrúas nos núcleos que dispoñan delas, en todo caso antes do remate de abril do ano 2008.

2º- No caso de que a empresa non efectúe a limpeza das beirarrúas no prazo marcado, o goberno municipal encargará os traballos a outra empresa facendo repercutir o custo na Concesionaria, tal e como contempla o contrato firmado polas dúas partes.

3º- Chegado o punto numero dous o goberno instruirá sanción e falta a empresa adxudicataria do servizo, tal e como contempla o prego de condicións.