José Carlos Cabaleiro González, como concelleiro do PSdG-PSOE, e actuando en nome e representación do devandito grupo político, para que sexa incluída na orde do día da primeira sesión que celebre o Pleno da Corporación Municipal, presenta a seguinte:
MOCIÓN
A falta de auga e un problema que vai a mais ano tras ano, a minoración de choivas únese o incremento de poboación, nos últimos anos aumenta de forma espectacular en toda a Bisbarra sobre todo en época estival.
O principal problema radica na falta de capacidade de embalse de auga, este é un problema no que hai que traballar a curto prazo, nembargantes temos outras solucións que poden paliar en parte este grave problema.
As traídas de augas dan un servicio esencial as vivendas, así coma os electrodomésticos foron substituíndo o uso das fontes e lavadoiros, o longo da nosa xeografía dispomos de moitos destes surtidores, dun ben tan escaso, (cada vez mais escaso), como e a auga, o mesmo tempo provocouse o abandono paulatino das Fontes públicas.
Durante anos foise abandonando o uso da auga das Fontes para consumo humano ante a gran contaminación existente, froito da proliferación de fosas sépticas, hoxe parte da poboación, sobre todo nos núcleos rurais dispoñen de saneamento, o Partido Socialista cree que e o momento de por os medios necesarios para recuperar a maioría das numerosas Fontes que abundan no Concello de Gondomar.
Por todo isto, propoño que se adopte acordo no senso de:
1º- Actualizar o catalogo municipal de Fontes públicas, catalogándoas según o seu estado, apta, non apta ou ruinosa.
2º- Proceder o arranxo das que non reúnan as condicións de uso.
3º- Analizar as augas de todas elas colocando un cartel ben visible no que se informe do seu estado, apta para consumo ou non apta.
En Gondomar a 22 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada