O Grupo Municipal Socialista, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en relación co anteproxecto de Lei Integral en materia de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, en base ás consideracións recollidas na seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O sector vitivinícola de calidade ten en Galicia unha grande transcendencia económica e social ó facturar entorno a cento cincuenta millóns de euros, favorecer o desenvolvemento de moitas das súas comarcas rurais, nas que xera ingresos a uns dezaoito mil viticultores, propiciando ademais a creación dun considerable número de postos de traballo nos ámbitos da producción, transformación e comercialización.
Ademais, o viñedo configura no territorio galego parte da nosa paisaxe, estando perfectamente integrado no medio natural, cunha importancia capital no mantemento do medio ambiente e, en especial, na protección dos solos fronte a procesos erosivos.
Nos últimos anos viñéronse desenvolvendo nas distintas Denominacións de Orixe galegas actuacións e inversións orientadas á consecución de viños de calidade, base fundamental da súa promoción, na que ademais se recomendan pautas de consumo moderado e asociado ao consumo de alimentos.
O viño, como bebida alcohólica fermentada, é un producto asociado o legado artístico e cultural de Galicia, o que se reflicte en manifestacións de diversa índole nas comarcas productoras, formando parte dunha ampla tradición histórica.
As Administracións públicas teñen a responsabilidade de contribuír á corrección dos problemas sociais derivados dun consumo desordenado e abusivo das bebidas alcohólicas, especialmente no caso dos menores de idade.
Así mesmo consideramos necesario que se establezan mecanismos que lles permitan aos concellos regular o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública para que non sexa un elemento de distorsión do necesario descanso nocturno dos veciños.
Polo que, O Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta
MOCIÓN, para que este adopte o seguinte ACORDO:
Dirixirnos á Xunta de Galicia para solicitarlle que na elaboración do anteproxecto normativo citado, naquilo que poida afectar ao sector vitivinícola e para facer compatibles os seus lexítimos intereses cos da protección da saúde, se teñan en conta as seguintes consideracións:
1º.- Que, pola importancia socioeconómica que ten o sector do viño en Galicia, non se impulsen decisións que diminúan a súa capacidade productiva e o seu potencial para producir emprego e riqueza en amplas zonas do rural galego.
2º.- Que no plano das definicións, regulacións e restriccións, referidas a bebidas alcohólicas fermentadas en xeral e ó viño en particular, e ó seu consumo por adultos, non se vaia mais alá da legalidade vixente, agás no que afecte á relación
alcohol/conducción e ás restriccións relativas a menores de idade.
3º.- Que a regulación neste ámbito teña como obxectivos fundamentais: protexer ó menor fronte ao alcohol, evitar a asociación alcohol e conducción, e a diminución do consumo abusivo de bebidas alcohólicas, sobre todo as destiladas, por parte da poboación xuvenil.
4º.- Que a norma, respectando as competencias da administración local, permita acadar un axeitado nivel de convivencia cidadá no emprego racional dos espazos públicos en Galicia.
Gondomar, 22 de Abril de 2008
O VOCEIRO DO GRUPO POLITÍCO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE
Asdo.: Alfonso Javier De Lis Fiúza
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada