miércoles, 23 de julio de 2008

DEPUTACIÓN APROBA O PROXECTO DE MELLORA DA ESTRADA NIGRÁN-VINCIOS

A DEPUTACIÓN APROBA O PROXECTO DE MELLORA DA ESTRADA NIGRÁN-VINCIOS CON UN PRESUPOSTO DE 290.000 EUROS

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe unha inversión de perto de 300.00 euros para unha actuación extraordinaria de mellora da estrada Nigrán-Vincios.

O comenzo da obra da citada actuación será no cruce coa estrada Porriño-Gondomar e implicará actuacións nos seguintes puntos kilométricos: do 1,3 ó 1,6; do 1,6 ó 2,3; do 2,6 ó 5,6; e do 5,8 ó 8,3.

O traballo consistirá na limpeza de marxes e reapertura de cunetas ó longo de toda a estrada, mellorar o firme esistente mediante a extensión dunha capa de regularización no trazado, que se atopa notablemente deteriorado, e afirmar os ensanches nos treitos que sexa posible.

Unha vez efectuados estes traballos, a Deputación procederá a extender unha capa de rodadura en diversos tramos da vía, poñerá en rasante 42 tapas de rexistro esistentes e pintará e sinalizará vertical e horizontalmente a vía.
O prazo de execución dos traballos, según consta no proxecto aprobado, é de mes e medio e o contratista deberá ser do grupo G, subgrupo 4 e categoría E. A obra tén un presuposto de licitación de 289.873 euros. Noutras anualidades acometeráse a mellora do trazado da devandita estrada.